Foto: Acto 25N do 2025
A praza do Concello acolle este mércores 25 de novembro, ás 12:00 horas, o acto institucional do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A cita estará marcada polo carácter interxeracional e participativo dunha programación que busca implicar a toda a sociedade na defensa da igualdade e na loita contra as violencias machistas.
O acto incluirá tamén a lectura do manifesto do 25N, elaborado con textos da Asociación Lenda de Saúde Mental, da Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional e das profesionais do Servizo de Atención Temperá.
A programación artística contará coa participación de Neves Seara, coa peza «Arroz con leite eu quero casar…», e coa intervención do grupo «As silenciadas». A xornada rematará coa tradicional ofrenda floral na árbore Ginkgo Biloba da rúa Salgueiral, como símbolo de lembranza e compromiso colectivo.
Desde o Goberno local destacan o carácter comunitario e transversal desta programación, na que participan centros educativos, centros de día e asociacións. Un traballo conxunto que pretende reforzar a implicación de toda a veciñanza na construción dunha sociedade libre de discriminación e violencia machista.
Outras citas da programación do 25N
As actividades continuarán o xoves 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Oficina de Turismo, coa entrega do VI Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético, un recoñecemento que distingue o tratamento rigoroso e responsable da violencia machista nos medios de comunicación e uqe nesta edición recae una xornalistas Nuria López presado polo seu podcast sobre O padroado de protección á muller, unha institución franquista na que foron encerradas milleiros de nenas e mulleres. O padroado segundo sinala a autora foi creado en 1941 para recluir a qune non encaixaba na moral católica imposta polo réxime e mantívose operativo ata o ano 1985.
A programación inclúe tamén unha actividade pensada para o público infantil. Así, o venres 27 de novembro, ás 18:30 horas, o Multiusos do Piñeiral do Crego, en Chapela, acollerá o contacontos infantil «As tecedeiras da esperanza», a cargo de Anxo Moure. A proposta estará acompañada de obradoiros de reciclaxe.









