O acto de inauguración da Festa da Coca comezará coa lectura do pregón na praza do cncello a cargo de Pilar Martínez, fundadora da ONG Da Man. Ademais, durante o acto faise un homenaxe ás e os alfombristas e a José Ramón Núñez polo seu traballo como organizador da Danza das Espadas.
Como tradición pola Celebración da Festa da Coca terá lugar o traslado da Virxe "A Gabacha". Comezará na Igrexa de Vilavella e rematará na Igrexa de Santiago de Redondela, acompañada pola Danza das Espadas, das Penlas e a Banda de Música de Redondela.
Á 13:00h da tarde terá lugar a Procesión polas rúas de Redondela decoradas con alfombras florais, acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. Ademais comezará o Baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas na Praza da Constitución.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.