Aberta a matrícula para as clases de tai chi. A inscrición, de forma gratuíta, pode formalizarse en calquera dos Rexistros do Concello ou a través da Sede Electrónica ata o vindeiro día 1 de xullo. Cómpre subliñar que a adxudicación de prazas se fará seguindo a orde de inscrición. As clases comezarán o día 4 de […]
A música do inmortal Freddy Mércury soará o venres 8 de xullo na praza da Casa da Torre coa banda tributo a Queen. De balde ás 22:00 horas. Organiza Concello Redondela.
A praza da Casa da Torre acolle unha pelea de galos ás 19:30 horas o sábado 9 de xullo. Unha actividade enmarcada na programación do verán do Concello de Redondela.
A praia de Cesantes acolle unha nova edición dun festival que organiza o Centro Cultural e deportivo de Cesantes en colaboración co Concello. O 9 de xullo ás 22:00 horas.
A cantautora de Mugardos actuará en Redondela o domingo 10 de xullo ás 22:00 horas, nun concerto que se poderá ver na praza da Casa da Torre. Organiza o Concello de Redondela.
A sede do local do Colectivo Republicano, nas antigas casas dos mestres, acolle unha reunión este mércores 13 as 20:30 horas, co obxecto de analizar e abordar o deteriorado estado da atención sanitaria pública no centro de Saúde de Redondela
O ex integrante da mítica banda Siniestro Total achegará a súa proposta musical en solitario nun concerto que se desenvolverá na praza da Casa da Torre o sábado 16 ás 23:45 horas. Organiza o Concello de Redondela.
A coral redondelá celebra o seu 50 aniversario cun concerto na praza da Casa da Torre o domingo 17 de xullo ás 21:00 horas. Organiza Concello de Redondela.
O tren turístico, que sae dende a Rúa Ribeira con destino a praia da Punta e visita ao peirao xa están en funcionamento. De luns a domingos, con saída dende a Fonte de Santiago, na Rúa Ribeira. Saída cada hora dende ás 10.00 ata ás 13.00, e de 16.00 a 20.00 h. Regreso dende a […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.