A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o xoves 11 e o vernes 12 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello ambos os dous días en […]
Cesantes celebra a súa II Festa Mariñeira cun programa centrado nos produtos do mar O Porto de Cesantes acollerá os días 13 e 14 de xuño a celebración da II Festa Mariñeira de Cesantes, unha cita que busca poñer en valor a tradición mariñeira da parroquia e os produtos do mar a través dun programa […]
A Asociación Amigos do Carballo das Cen Pólas convoca á veciñanza a unha xuntanza que terá lugar o sábado 13 ás 20:30 horas na Sociedade labrego cultural de Reboreda. Na reunión darse conta do proxecto de recuperación do Prado no que recentemente se plantou un novo exemplar de carballo tras o esmorecemento da árbore orixinal […]
A Asociación de veciños de Chapela organiza a XXII edición dunha actividade que busca poñer en valor a riqueza paisaxística e natural desta zona da parroquia e que se vai desenvolver o domingo 14 de xuño con saída ás 10: 00 horas. Os participantes sairán dende o Camiño da Fraga ata o nacemento do río […]
Cóctel benéfico da Fundación Filomena Rivero Alonso a beneficio de Cáritas A Casona da Torre en Cedeira acolle o vindeiro martes 16 de xuño ás 20:00 horas o tradicional cóctel benéfico que anualmente organiza esta Fundación presidida por Gracia Regojo Bacardí. Nesta ocasión o convidado será o novo Director das Coleccións Reais de Patrimonio Nacional […]
A cita deportiva que cada verán atrae a centos de persoas á pista da Xunqueira celebrarase do 29 de xuño ao 24 de xullo. Os equipos que queiran participar deben inscribirse antes do 23 de xuño. Os equipos interesados deben facelo escaneando o código QR do cartel oficial ou a través da ligazón dispoñible na […]
O Concello de Redondela ten aberto o prazo para que as familias soliciten as axudas municipais de libros e material escolar en Educación Infantil. A subvención está dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 5 anos escolarizados nun centro público de Redondela para o curso 2026/27. As familias beneficiarias recibirán un vale […]
A primeira das propostas terá lugar o sábado 11 pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas, cun roteiro polo río Pexegueiro. A saída realizarase desde a piscina municipal e, ao longo dun percorrido de catro quilómetros, as persoas participantes poderán coñecer a riqueza ambiental das marxes do río da man dun guía de Faia Medioambiental. […]
A Sociedade de Agricultores do Viso organiza un obradoiro gratuíto de textos escritos. A actividade, impartida por Xosé Couñago, terá unha duración de 18 horas e abordará a redacción de textos persoais e formais. A actividade arrancará o vindeiro 2 de novembro e impartirase os luns, en horario de 18.30 a 20.00 horas. As persoas […]
O Obradoiro de Cesantes abre o prazo de participación no seu XXI Concurso de Fotografía, que este ano incorpora como novidade unha nova temática dedicada ao patrimonio etnográfico do Concello de Redondela. O prazo para presentar os traballos permanecerá aberto ata o 10 de novembro. Nesta edición, as persoas participantes poderán presentar fotografías na tradicional […]
A historia de Humberto Baena protagoniza os actos polo Día das vítimas do franquismo en Redondela. Flora Baena, irmá de Xosé Humberto Baena, un dos últimos asasinados polo franquismo no ano 1975, ofrecerá unha conferencia este venres ás 19:00 horas na Oficina de Turismo. A actividade forma parte dos actos organizados dende o Concello de […]
A Coral Casto Sampedro ofrece este venres 30 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira o seu I Concerto de Outono baixo a dirección de María Oliveira da Silva. A formación redondelá estará acompañada no escenario co coro compostelán Sons de Solovio, un pequeno grupo vocal, dirixido por Adela Maroño. As invitacións para asistir están […]
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.