Hoxe é Venres 12 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Andaina polas marxes do Río Fondón

Xuño 14 @ 10:00 - 14:00

A Asociación de veciños de Chapela organiza a XXII edición dunha actividade que busca poñer en valor a riqueza paisaxística e natural desta zona da parroquia e que se vai desenvolver o domingo 14 de xuño con saída ás 10: 00 horas. Os participantes sairán dende o Camiño da Fraga ata o nacemento do río Fondón achegándose así aos muíños, pontes, fervenzas así como a fauna e flora existente nesta contorna das parroquias de Chapela e Trasmañó.

Como tódolos anos o remate da marcha, sobre as 14 horas, haberá un xantar popular nas mesas da área de descanso do “Chan da Lagoa”. Cada un levará o seu propio xantar e organizaranse coches que se encargarán de subir a comida ata o lugar.

Detalles

Data:
Xuño 14
Hora:
10:00 - 14:00