Concurso de Fotografía Fernando Monroy
Outubro 29 @ 08:00 - Novembro 10 @ 17:00
O Obradoiro de Cesantes abre o prazo de participación no seu XXI Concurso de Fotografía, que este ano incorpora como novidade unha nova temática dedicada ao patrimonio etnográfico do Concello de Redondela. O prazo para presentar os traballos permanecerá aberto ata o 10 de novembro.
Nesta edición, as persoas participantes poderán presentar fotografías na tradicional categoría de temática libre ou optar pola nova proposta centrada no patrimonio etnográfico de Redondela. Tamén será posible combinar ambas as temáticas, cun máximo de catro fotografías por participante.
As fotografías deberán enviarse en formato dixital ao correo electrónico obradoiro@estudoslocais.org e tamén en formato papel ao apartado de correos 012, 36800-Redondela. Os traballos poderán entregarse igualmente nas tendas de fotografía colaboradoras Cal-3 e Polaris, así como no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, e no Centro Cultural e na Farmacia Muíños, en Cesantes.