Hoxe é Xoves 29 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 
Cargando eventos

« Todos os eventos

Obradoiro de escritura no Viso

Outubro 29 @ 08:00 - Novembro 2 @ 17:00

A Sociedade de Agricultores do Viso organiza un obradoiro gratuíto de textos escritos. A actividade, impartida por Xosé Couñago, terá unha duración de 18 horas e abordará a redacción de textos persoais e formais. A actividade arrancará o vindeiro 2 de novembro e impartirase os luns, en horario de 18.30 a 20.00 horas. As persoas interesadas en participar poden solicitar información e inscribirse no teléfono 656 938 058 ou no correo electrónico acsmviso@gmail.com.

A Sociedade de Agricultores do Viso, na antiga escola de Tuimil, pon en marcha unha nova actividade formativa: un obradoiro de textos escritos totalmente gratuíto, destinado a mellorar as habilidades de redacción e comunicación das persoas participantes.

O obradoiro permitirá aprender a redactar textos persoais e formais con claridade, corrección e boa organización. Ao longo das sesións traballarase con diferentes documentos de uso cotián, como cartas, solicitudes, reclamacións e actas, entre outros, co obxectivo de adquirir ferramentas prácticas para escribir con maior seguridade e eficacia.

Detalles

Comezo:
Outubro 29 @ 08:00
Remate:
Novembro 2 @ 17:00