Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dez coches implicados e seis feridos nun accidente na AP9 en Chapela

acci

O accidente produciuse minutos despois das 8:00 horas da mañá de hoxe, segundo informan dende o 112 Galicia. Un sinistro múltiple cun elevado número de vehículos, ata dez turismos implicados, e seis feridos en total. O accidente provocou ademais colas kilométricas debido a que quedaron inutilizables dous dos tres carrís da autoestrada AP9. A situación comezou a normalizarse en torno ás 10:30 horas.

Dez vehículos estiveron implicados nesta colisión, que deixou dous dos tres carrís inutilizables ata a completa liberación da calzada e a recuperación das condicións necesarias de seguridade. O 112 Galicia recibiu varias chamadas relacionadas con este mesmo accidente, que mobilizou recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento da autoestrada.

As ringleiras polo atasco chegaron a alcanzar varios quilómetros, pero pasadas as 10:30 horas o tráfico comezou a ser más fluído.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará