Hoxe é Luns 6 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socios de goberno cargan contra Digna Rivas polos 4.000 euros destinados á Feira de Abril

feira

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) cualifica de “despropósito inxustificable” a colaboración do Concello coa celebración da Feira de Abril e critica que se destinasen “4.000 euros de fondos municipais á instalación da carpa”. Segundo AER, ese importe procedería da partida de Servizos Sociais destinada ás persoas maiores, unha decisión que considera “incomprensible”. A formación sostén que a Feira de Abril é un evento “totalmente fóra de lugar en Redondela” que carece de tradición, arraigamento e demanda social no municipio e afean a alcaldesa que “lonxe de rectificar afirme a micro aberto que pretende repetir o evento en 2027”. Censuran tamén a presenza de cabalos durante a celebración da festa, coincidindo cun episodio de alerta vermella por altas temperaturas.

Desencontro entre PSOE e AER a conta de Feira de abril celebrada esta fin de semana en Redondela. Mentres a alcaldesa, Digna Rivas, expresaba o seu respaldo á continuidade da iniciativa e anunciaba a disposición do Concello a colaborar na súa organización o vindeiro ano, lamentando ademais o “ruído” xerado arredor da Feira de Abril, os seus socios de goberno non dubidan en cualificar o evento como “despropósito inxustificable”.

Aseguran que a polémica arredor da Feira de Abril xa se iniciara días antes da súa celebración con protestas do comercio pola perda de estacionamento no campo da feira durante case unha semana e críticas de asociacións culturais e colectivos sociais por un acto que nada ten que ver coa identidade de Redondela.

Aseguran que a Feira foi “un fracaso absoluto no que o Concello de Redondela non tería que ter colaborado nin permitido a súa celebración, pois é inxustificable restrinxir aparcamento prexudicando o comercio local por mor dun capricho da Alcaldesa, un capricho que paga toda a veciñanza”. De feito, explican que o Concello tería asumido “o custo da carpa instalada no campo da feira, 4.000 euros, aos que habería que engadir o custo do persoal municipal para a instalación de valados, cadros eléctricos e mesmo o consumo de electricidade”.

Posible maltrato animal

Lamentan tamén quen en plena alerta vermella, houbera remolques con cabalos a pleno sol aparcados na beiravía da gasolineira de Santa Mariña “máis alá da falta de sensibilidade cos animais por parte dos organizadores e colaboradores deste evento, hai que lembrar que en Redondela existe unha ordenanza municipal que prohibe o uso de animais en espectáculos públicos”.

Por todos estes motivos, AER reclama explicacións públicas á alcaldesa, Digna Rivas, principalmente no que se refire á colaboración económica do Concello. Critica a política municipal de gasto en festas que asegura se está realizando “sen control mentres algunhas concellarías permaneceron estiveron case 4 meses sen poder adquirir materiais para prestar servizos á veciñanza, nin reparar os vehículos municipais, algúns deles parados no taller máis de 60 días”. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. É curioso que a día de hoxe e coa súa veteranía na política local a AER sígalle causando sorpresa as actuacións e bravuconadas de Digna Rivas. Vamos ter eleccións municipais no 2027, e ela sabe o que vende, Abel Caballero e as festas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará