Hoxe é Xoves 10 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aluvión de peregrinos en Redondela

peregrinos-qvost0bcffdx39fr7su9m9xbbqdtah004rlveh1r48

A Oficina Municipal de Turismo rexistrou un total de 14.072 visitantes entre abril e setembro, dos que 13.179 foron peregrinos. Con todo, o número de persoas que pasaron por Redondela sería moito maior, tendo en contra que este ano chegaron a Compostela máis de 160.000 camiñantes desde as dúas rutas portuguesas e todos eles pasaron necesariamente polas rúas do noso concello. O goberno local cualifica estas cifras de “históricas” e salienta que estes datos amosan “o liderado absoluto do municipio como punto de confluencia das rutas xacobeas do sur de Galicia”.

Ao longo da tempada, o persoal da Oficina de Turismo municipal atendeu un total de 14.072 persoas, reflectindo unha intensa actividade turística. O gran motor deste volume de visitas foi o Camilo de Santiago, xa que o 93,65% dos usuarios (13.179 persoas) foron peregrinos.

A ruta do Interior segue a ser a opción maioritaria, elixida por 7.068 persoas, o que representa o 53,63% do total de peregrinos que solicitaron información ou selaron a súa credencial. Pola súa banda, o Camiño da Costa confirma a súa consolidación e auxe ascendente ao achegar o resto dos camiñantes á vila. O balance complétase con 893 turistas e visitantes convencionais, tanto de procedencia nacional como estranxeira, que elixiron o municipio como destino de lecer ou excursión.

Máis alá das persoas que decidiron pasar pola Oficina Municipal de Turismo este ano, o impacto real do fenómeno xacobeo en Redondela é inmensamente maior. Todos e cada un dos peregrinos que realizan tanto o Camiño Portugués Interior como o Camiño da Costa pasan necesariamente polo municipio. Segundo datos da Oficina de Acollida ao Peregrino de Compostela, no que vai de ano 2026 foron 162.627 camiñantes. Suman 83.605 polo Camiño Interior e 79.022 polo Camiño da Costa a dia de hoxe. Estas cifran consolidan ao municipio como un auténtico fito estratéxico e un motor económico vital para a hostalaría, o comercio e o aloxamento local.

A alcaldesa Digna Rivas amosouse moi satisfeita cuns resultados que afirma “premian a estratexia de promoción e coidado do sector desenvolvida polo Goberno local e demostran o enorme potencial e a forza que ten Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará