O Club de Natación de Redondela pechou con excelente nota o Campionato Galego Infantil de Verán, disputado en Ourense. Os seus nadadores infantís acadaron un total de 7 medallas e rebaixaron as súas mellores marcas persoais na maioría das probas. Miguel Rey foi o gran dominador, conseguindo catro medallas:
- Subcampión galego nos 50 m libres
- Campión galego nos 50 m braza
- Campión galego nos 100 m braza
- Campión galego nos 200 m braza
Mateo Paz sumou tres medallas máis:
- Campión galego nos 50 m costas
- Campión galego nos 100 m costas
- Terceiro posto nos 200 m costas
Ademais, dende o club salientan o brillante traballo da adestradora Nuria Otero, que elevou aos seus nadadores ao máximo nivel galego. Tamén se destaca o case histórico logro de Mateo Paz, que quedou a tan só 1 centésima da mínima de España nos 50 m costas.
Por outra banda, Paulo Gunche participou no Campionato de España Absoluto de Verán en Palma de Mallorca, onde rematou nun meritorio sexta posición nos 50 metros costas.










