Hoxe é Venres 3 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago campión galego sub20 en salto de altura e Guilherme Vicente subcampión en lonxitude

730022136_18034815698810669_7704476186054878574_n

As pistas de atletismo de Pereiro de Aguiar acolleron os Campionatos Galegos Sub20 e Sub23 de atletismo ao aire libre. O Club de Atletismo de Redondela estivo presente con varios atletas que conseguiron destacados resultados.

O máis salientable foi a actuación de Gael Couñago, na categoría Sub20, que se proclamou Campión Galego de Salto de Altura cun excelente rexistro de 1,98 metros. Unha magnífica actuación que lle outorga o título autonómico.

Na categoría Sub23, Guilherme Vicente acadou a medalla de subcampión galego en Salto de Lonxitude, con un salto de 5,40 metros. Pola súa banda, Inés Malvesada (Sub23) mellorou as súas marcas persoais da tempada tanto nos 100 metros (16.41 segundos) como nos 200 metros (35.90 segundos).

Alexandre Alfaya (Sub23) tamén conseguiu marcas da tempada: 12.04 segundos nos 100 metros e 24.64 segundos nos 200 metros.

Finalmente, Andrés Corugeira (Sub23) participou nas probas de velocidade, marcando 12.90 segundos nos 100 metros e 26.18 segundos nos 200 metros.

Con estes resultados, o Club de Atletismo de Redondela continúa a demostrar o seu bo momento de forma nesta tempada, sumando medallas e melloras de marcas nunha competición de alto nivel autonómico. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará