Hoxe é Venres 22 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novo accidente na EP2702 pon de manifesto a urxencia de acometer obras de reforma nesta vía

accidentegrua

Nas últimas horas a estrada que comunica o Alto dos Valos con Nespereira era testemuña dun accidente de tráfico. Nesta ocasión un turismo conducido por un veciño da zona arrimábase ao extremo da estrada para evitar un turismo que circulaba en sentido contrario, rebentaba unha roda e acababa colidindo contra un eucalipto que impediu que se precipitara polo lateral.

A plataforma pola mellora de EP27-02 lamenta este novo accidente pero insiste en que este tipo de feito continuarán repetíndose periodicamente mentres non se amplíe e se reforme esta estrada. A falta de beiravía, o estreito e sinuoso do trazado e o mal estado que presenta o firme provoca de seguido incidentes entre os usuarios da vía.

Lamentan que a Deputación non inicie unhas obras comprometidas dende hai anos e que continúan a espera “malia os continuos anuncios por parte do presidente da deputación, Luís López e a colocación dun cartel anunciando un investimento dun millón de euros nesta estrada, as máquinas seguen sen aparecer”.

Unha Plataforma que anuncia que continuarán coas mobilizacións e os cortes de tráfico ata que non arranquen os traballos e non haxa un compromiso en firme por parte do organismo provincial para o arranxo dos 8 kilómetros da vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará