Foto do arquivo da SAR
O Pavillón Municipal da Bomoboneira acollerá fases decisivas de ascenso e sector nacional, converténdose no epicentro do balonmán galego durante tres días.
O SAR Opmobility, na categoría senior masculina, disputará na Bomboneira a Fase de Ascenso á Primeira Nacional Masculina (Sector A), co obxectivo de conseguir o ascenso. Ademais, o pavillón acollerá tamén o Sector Nacional Cadete Feminino do SAR Rodavigo.
Entre o venres 22 e o domingo 24 de maio celebraranse as tres xornadas destes dous eventos, nos que tamén participarán o BM Sariegos, o BM Colindres e o SC Synerkos Castrillón. Ante a elevada afluencia de equipos, os encontros dos visitantes disputaranse de forma paralela no Pavillón Municipal da Marisma.
Desde o club fan un chamamento á afección para animar aos equipos.
O aforo é limitado, polo que se recomenda mercar as entradas con antelación.
Prezos Fase de Ascenso SAR Opmobility:
- Socios: abono (3 partidos) por 5 € | entrada individual 3 €
- Non socios: abono por 15 € | entrada individual 7 €
A Fundación Alba Torres Carrera BM Chapela na categoría cadete feminina tamén afronta este fin de semana o Sector Nacional, pero xogará fóra da da casa en Guipúzcua.












