Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatan unha muller de 75 anos atrapada nun balcón por un incendio en Chapela

lume

Foto: Policía Local de Redondela

Unha muller foi evacuada ao hospital por inhalación de fume tras quedar atrapada no balcón da súa vivenda a causa dun incendio na Avenida de Vigo en Chapela. No lugar interviñeron os bombeiros de Mos e Vigo quen lograron rescatar a esta muller  e conseguiron o seu rescate polo balcón da vivenda. Tan só hai que lamentar danos materiais.

O suceso comezou ás 18:55 horas cando, por causas que se descoñecen, orixinouse o lume nunha caldeira situada no garaxe do inmoble, propagándose por todo o baixo e xerando unha gran fumareda que se estendeu por todo o edificio, o que imposibilitaba rescatar a muller polas escaleiras.

O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular que alertaba de que estaba a arder o inmoble do lado do seu, na Avenida de Vigo. Na súa chamada inicial, indicaba que vía saír fume polas fiestras pero descoñecía se había alguén no interior. Minutos despois, sucedéronse diversas chamadas doutros veciños que confirmaban o lume e engadían que a afectada atopábase no balcón do segundo piso sen poder baixar debido á gran densidade do fume.

Desde a sala de operacións coordinouse un amplo dispositivo no que se informou aos Bombeiros de Porriño e de Vigo, ao GES de Mos e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais de dar aviso aos axentes da Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil.

Unha vez extinguido o lume, os equipos de intervención indicaron que as chamas afectaran á primeira planta da vivenda. Para poñer a salvo á muller, os efectivos tiveron que empregar unha escaleira e rescatala dende a altura. Tras recibir unha primeira asistencia no mesmo punto por parte do persoal sanitario, foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará