Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sinsal pon a venda as entradas para o festival na Illa de San Simón

sinsal

O festival Sinsal SON Estrela Galicia, que terá lugar en San Simón entre o 24 e 26 de xullo, pon á venda hoxe mércores 20 de maio, a partir das 12.00 horas, os abonos para o tres xornadas e, a partir do xoves 21, as entradas de día. A venda para un festival que mantén o seu cartel segredo, realízase a través da web do festival,  www.sinsal.gal.

O número de visitantes por día está restrinxindo a 800 persoas co obxecto de protexer o Illa. Para chegar ao arquipélago e acceder ao recinto, a única vía posible é a través dos barcos fretados pola propia organización. Por este motivo, o prezo de cada abono ou entrada de día xa inclúe a pasaxe de ida e volve en barco, que efectuará as súas saídas desde dous puntos da ría: o porto de Vigo e o Centro de Interpretación de Rande (Redondela). Co obxectivo de facilitar o acceso ás familias, ademais, o Sinsal volverá contar con prezos diferenciados para o público adulto e tarifas reducidas para menores de 17 anos.

A nivel artístico, a cita, que se desenvolve en horario diúrno, volverá ofrecer unha programación aberta a unha enorme diversidade de estilos musicais. O cartel secreto deste ano porá o foco nos valores do territorio e na vangarda internacional, coa estrea de distintas bandas que actuarán por vez primeira en Galicia ou en España.

O festival conta co patrocinio principal de SON Estrela Galicia e co apoio institucional da Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia e da iniciativa Concertos do Xacobeo, como da Deputación de Pontevedra e de Turismo Rías Baixas no marco de Rías Baixas Fest. Este ano conectará por primeira vez o corazón da ría de Vigo con outros territorios e espazos singulares da contorna e de Portugal a través de directos íntimos que se sucederán no Camiño Portugués.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará