As augas do porto de Meira acolleron este domingo o Campionato Galego de Traiñeriñas nunha xornada marcada polo bo tempo e un mar algo movido polo vento. O gran protagonista foi o Club Remo Chapela-Wofco, que se proclamou vencedor do medalleiro xeral con dous ouros, unha prata e un bronce. Os beretes impuxéronse na categoría absoluta masculina e na xuvenil feminina, ademais de lograr a prata na final absoluta feminina, só superados pola S.D. Tirán-Pereira.
O club de Moaña tamén asinou unha destacada actuación cun ouro en absoluto feminino e unha prata en xuvenil masculino. Pola súa banda, o Samertolameu de Meira, anfitrión da cita, conseguiu un meritorio segundo posto en cadete feminino. No resto de categorías, Cabo de Cruz venceu en xuvenil masculino, Mecos levou a bandeira en cadete masculino e Remo Boiro dominou a final cadete feminina.









