O convenio inclúe descontos exclusivos do 15%, así como servizos con prestacións gratuítas, entre elas a primeira consulta, radiografía e revisións periódicas. Ademais, Vitaldent ofrece condicións especiais segundo o tipo de tratamento, mantendo un enfoque baseado na atención personalizada, a tecnoloxía avanzada e a proximidade co paciente.
A Asociación de Empresas de Redondela vén de formalizar un novo convenio de colaboración con Vitaldent Redondela, co obxectivo de ampliar os servizos e beneficios dispoñibles para as empresas asociadas e os seus equipos profesionais. O acordo permite acceder a condicións preferentes en tratamentos e servizos especializados, contribuíndo ao benestar das persoas traballadoras e á mellora da súa calidade de vida.
A clínica, que abriu recentemente en Redondela, conta cun equipo profesional especializado en implantoloxía, ortodoncia invisible, estética dental, endodoncia e periodoncia, empregando ferramentas de última xeración como TAC e escaneado intraoral 3D, que permiten diagnósticos máis precisos e tratamentos minimamente invasivos.
Este acordo reforza tamén o compromiso de Vitaldent coa comunidade local, participando en accións de prevención, programas de educación en saúde e iniciativas dirixidas a colectivos específicos, como persoas maiores ou alumnado dos centros educativos.
Desde a Asociación de Empresas de Redondela destacan que este convenio “supón un paso máis na aposta por ofrecer servizos de valor ás empresas asociadas, facilitando recursos que melloran a saúde e o benestar das persoas asociadas e dos seus equipos”.
As empresas interesadas poden contactar coa asociación no 986 40 40 12 ou directamente con Vitaldent Redondela no teléfono 986 61 87 04 para obter máis información sobre as vantaxes incluídas no convenio.









