Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas propón un pacto político de todos os partidos para construír un gran auditorio en Redondela

titeres multiúsos

Imaxe do auditorio ateigado de público no Festival de Títeres

O voceiro popular lamenta que o Concello estea “quedando moi atrás” en infraestruturas socioculturais e lembra que é o único municipio de máis de 20.000 habitantes da provincia que non ofrece ningún espazo con 300 butacas. O Festival de Títeres sería un dos exemplos da necesidade du contar cun novo auditorio en Redondela.

O voceiro municipal do PP de Redondela, Javier Bas, vén de propoñer un pacto global de todos os partidos e representantes públicos do concello para tratar de sacar adiante a construción dun auditorio de primeiro nivel e maior capacidade que dea cobertura axeitada ás moitas actividades culturais, que na actualidade carecen dun espazo cos medios técnicos precisos e co aforo propio para o cuarto concello da provincia.

O concelleiro do PP fixo esta reflexión tras a inauguración, o pasado venres, do novo auditorio de Marín e tras comprobar que O Porriño tamén está inmerso neste momento nunhas ambiciosas obras de ampliación do seu recinto, polo que lamentou que Redondela estea “quedando moi atrás” en infraestruturas socioculturais no marco dos dez concellos da provincia de máis de 20.000 habitantes.

Engade Bas que “non é de recibo a situación que padecemos no eido sociocultural, sen un auditorio que se poida chamar como tal mentres vemos que os demais concellos si apostan pola cultura e polos eventos e para iso dótanse de espazos en condicións”. Salientou neste sentido que esta situación de precariedade cercena a posibilidade de acoller propostas máis ambiciosas que enriquecerían aos redondeláns e impide que se potencien aínda máis cuestións internacionais de primeira orde, como é o caso do Festival de Títeres.

Aproveitou para criticar que a alcaldesa, Digna Rivas, non fixese nin un só avance nos últimos sete anos para que Redondela dispoña dun auditorio de primeiro nivel, que podía levar aparelladas outras instalacións socioculturais, polo que avogou por un acordo integral e transversal de todos os grupos municipais.

“Tendemos a man a prol da cultura para alcanzar un acordo que debe ser histórico para subsanar este déficit que temos agora mesmo e que se fai cada día máis patente se vemos o que pasa nos concellos da nosa contorna”, concluíu o edil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará