Hoxe é Mércores 20 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Álvaro Soto analiza o descenso do Choco: “Traballamos moito e foi un castigo gordo”

WhatsApp Image 2026-05-19 at 19.12.26

Á esquerda Suso (segundo) e á dereita Álvaro Soto

O Club Deportivo Choco sufriu a pasada fin de semana a confirmación do descenso de Preferente tras caer derrotado na última xornada fronte ao Arnoia. Unha derrota dolorosa que deixou ao equipo sen os puntos necesarios para manter a categoría.

O adestrador Álvaro Soto, que leva no club trece xornadas, mostrouse “fastidiado” e admitiu que tanto os xogadores como todo o persoal “están destrozados”. “Non é só pola situación actual, senón por todos estes meses de traballo. Si que había esperanza nalgún momento, pero as cousas sempre viñeron do revés”, explicou.

Fixo unha análise da recta final da tempada, especialmente das últimas trece xornadas nas que o equipo competiu con “moitas condicións e aptitudes”, pero nos que os erros “foron penalizados máis do que realmente merecían”. “Creo que é un castigo gordo”, engadiu.

Un dos aspectos que máis marcou o rendemento foi a incapacidade de manter vantaxes. “Nas últimas xornadas, tanto contra o Villalonga como esta, empezamos gañando, xogando ben, os raapces deixaban todo no campo e sendo mellores que o rival. Pero no momento en que chegaban os empates, o equipo caía tame´n de animo”, salientou Soto. Ese golpe moral foi, ao seu xuízo, decisivo.

Soto foi claro ao sinalar as principais dificultades estruturais. O equipo chegou ás primeiras xornadas con só trece xogadores (incluídos os porteiros), o que obrigaba a recorrer habitualmente a xogadores xuvenís. As lesións tampouco axudaron: Rosendo, Xian, Ronald, Diego ou Brais estiveron moi limitados ou ausentes en momentos clave. “Son detalles puntuais, pero que van marcando o camiño. Tiñamos talento arriba, pero de cara atrás costábanos un montón. E nesta categoría non podes ser fráxil”, resumiu.

A tempada remata ademais nun momento de incerteza institucional para o club. O CD Choco celebrará eleccións o vindeiro 30 de maio nun contexto marcado pola tensión e os enfrontamentos internos, que acabaron coa dimisión en bloque da directiva actual. O proceso de presentación de candidaturas estará aberto entre o 10 e o 20 de maio, e a actual directiva manterase en función ata a entrada do novo equipo que asuma a dirección do club.

Sobre o seu futuro no club, Soto foi prudente: “Aínda non se sabe nada. Hai eleccións e hai que esperar a ver a nova estrutura”. Deixou a porta aberta a continuar, pero recoñeceu que “saír pola porta de atrás non gusta nada”.

A tempada remata con aprendizaxe: “No fútbol ou ganas ou aprendes. Hai que levantar a cabeza o máis rápido posible e seguir crecendo”.  Pese ao descenso, Soto quixo destacar os puntos positivos. Valorou o traballo da directiva, dos adestradores da base e da afección, que en partidos clave como o de Villalonga encheu o campo e arroupou ao equipo. “Agradecemos moito ese apoio, e fastidiame aínda máis non poder devolvelo con resultados”, dixo.

De cara á próxima tempada, o adestrador considera que a prioridade debe ser “seguir traballando coa base” e complementar os xogadores formados no club con “un pouquiño de experiencia e veteranía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará