Foto: Xurxo Lobato
A biblioteca Xela Arias de Chapela acolle este xoves ás 19:00 horas unha conferencia sobre Rosalía de Castro e o feminismo a cargo de Anxo Angueira, doutor en Filoloxía Galega e presidente da Fundación Rosalía. Unha actividade aberta a quen queira achegarse enmarcada dentro da programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo da conmemoracíon do Día da Muller.
Unha programación que continuará este venres 6 coas VI Xornadas Genma Pereira Otero que se desenvolverán na oficina de Turismo. A primeria das citas xirará en torno ás “Mulleres de letras” mentres que o venres 13 o faladoiro levará or título “Mulleres Invisibilizadas”.
Lembramos tamén que esta fin de semana, o domingo dái 8 o Multiúsos da Xunqueira acollerá o monólogo de Arantxa Treus e Jazmín Abuín mentres que o luns 9 de marzo, terá lugar o acto institucional na Praza do Concello, onde a actriz redondelá Olga Cuervo será a encargada de ler a Declaración Institucional.
A programación complétase coa inauguración da exposición “Palabra de Muller” o 10 de marzo, coas mensaxes creadas por centros de ensino, centros de día, colectivos e asociacións redondelás e un contacontos infantil “Elas tamén contan”, que levará a Olga Cuervo ata Chapela o venres 20 de marzo.









