Hoxe é Mércores 4 de Marzo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Infantil do Arealonga FS campioas de liga e camiño do Campionato de Galicia

4de91f98-c1a7-4e27-8b62-1b2bdf92b910

O Infantil Feminino da Arealonga Fútbol Sala Chapela proclamouse campión da Liga Galega Sur tras lograr unha convincente vitoria por 4-1 fronte ao ED Poio FS. Este triunfo confirma o primeiro posto na clasificación ecoroa unha boa tempada na que o equipo demostrou regularidade e madurez competitiva.

O club celebra o éxito do conxunto que “destacou a personalidade competitiva das xogadoras, forxada semana tras semana grazas á disciplina táctica e á mentalidade gañadora que caracterizou o seu percorrido”.

Como recompensa, o equipo clasificouse para as semifinais do Campionato de Galicia, unha fase decisiva na que xogará como local no pavillón municipal de Chapela.  O Arealonga FS Chapela agradece o esforzo das xogadoras, o corpo técnico e toda a afección que acompañou ao equipo ao longo da tempada. Agora, toda a atención céntrase na cita das semifinais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará