Hoxe é Sábado 13 de Decembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Soutomaior celebran a II Andaina Popular Valle Inclán

andaina valle inclán

A ruta, cun percorrido histórico de 12 kilómetros, terá lugar o domingo 14 de setembro con saída ás nove da mañá dende o pazo da Reboraina e remate no Castelo de Soutomaior. A participación é gratuíta previa inscrición no enderezo soutomaior.gal ata o mércores 10 de setembro. O número de prazas ascende a 160.

Esta ruta de sendeirismo con transfondo literario dedicada a Ramón María del Valle-Inclán naceu o ano pasado coa idea de levar a cabo unha actividade común entre colectivos dos dous concellos para poñer en valor o patrimonio cultural, etnográfico e natural lembrando o percorrido realizado polo famoso dramaturgo, poeta e novelista galego o 29 de agosto de 1895 con motivo dunha tertulia no Pazo da Reboraina. Valle-Inclán, que daquela tiña 28 anos, fixo o traxecto a pé entre Soutomaior e Reboreda acompañado de varias figuras destacadas do ámbito cultural, social e político da época.

Os organizadores, tralo éxito do ano pasado onde se esgotaron as prazas, convocan para este domingo unha nova andaina aberta ao público en xeral. A inscrición permanecerá aberta ata o mércores 10 e pode realizarse a través da páxina web municipal soutomaior.gal. O número de prazas ascende a 160 e malia que están cubertas hai posibilidade de anotarse na lista de agarda.

Durante o percorrido haberá ademais pequenas paradas nas que se lembrará a figura de Valle Inclán e dos persoeiros que o acompañaban naquela xuntanza celebrara hai 130 anos. Noutro punto haberá unha breve charla centrada na riqueza etnográfica existente na nosa contorna con referencias á Peneda ou os petróglifos de Ventosela.

Ao finalizar a andaina no Castelo de Soutomaior, os participantes terán a súa disposición un servizo de autobús para regresar ao punto de partida no Pazo da Reboraina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará