Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Rodríguez, novo responsable local do BNG de Redondela

josé reodríguez bng

O BNG de Redondela elixiu por unanimidade a José Rodríguez como responsable local, substituíndo no cargo a Xabier Balsas, quen exercía esta responsabilidade dende o 2022. Márcase como obxectivo principal que o BNG incorpore a máis militancia para consolidar e crear conciencia nacional e converterse “nunha verdadeira alternativa de cara a o2027”.

Rodríguez leva anos vinculado a formación nacionalista, asumindo a responsabilidade das campañas electorais dos anos 2023 e 2024, que levaron a que a forza nacionalista fora a máis votada en Redondela nas pasadas autonómicas. O novo responsable local márcase como obxectivo “construír unha alternativa solvente a PP e PSOE, para que aquelas persoas que nos apoiaron noutros procesos tamén nos axuden a chegar á alcaldía do noso concello” e destacou a “unidade e confianza interna que goza o BNG en Redondela”.

Puxo en valor o grupo de persoas que conforman o novo consello local, unha lista de dez persoas paritaria en homes e mulleres, que se basea na experiencia política, incorporando xente nova: militantes que veñen do movemento sindical e cultural, do ensino, do traballo no movemento veciñal e participativo e que nas vindeiras semanas incorporará a designada pola organización xuvenil Galiza Nova.

Animou aos veciños e veciñas de Redondela a incorporarse ao proxecto nacionalista, a participar das nosas iniciativas e actividades, ou a presentarnos as súas demandas tanto particulares como colectivas. “O noso obxectivo vai ser traballar man a man con eles e con elas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará