Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pachu: “Ser convocado entre os 30 mellores xogadores de España xa é un gran logro e un motivo de satisfacción”

WhatsApp Image 2025-01-20 at 18.01.51 (5)

O xogador redondelán Pachu celebra con orgullo a súa inclusión na prelista de 30 xogadores da Selección Española de Fútbol Sala para o Europeo de 2026. Considerado unha das novas promesas do deporte, mantén a súa confianza no futuro do equipo destacando que, independentemente de que sexa parte ou non da convocatoria definitiva, a calidade do conxunto español garante un futuro cheo de éxitos. A lista final, que se fará pública esta semana, determinará se o xogador redondelán estará entre os elixidos.

O seleccionador nacional, Jesús Velasco, deu a coñecer recentemente a prelista de xogadores para o próximo encontro fronte a Inglaterra, que se disputará o 4 de febreiro en Loughborough, no marco da fase de clasificación para o Europeo de 2026. Entre os convocados figura Pablo García Lago, máis coñecido como Pachu. O xogador de Redondela, que se formou no Casa Paco de Redondela e na desaparecida Escola de Fútbol Base de Redondela, gañou o seu primeiro título con só oito anos, cando se proclamou campión galego na categoría benxamín. En 2018, deu un paso decisivo na súa carreira fichando polas categorías inferiores do Levante, club co que logrou ascender ao primeiro equipo. Desde 2023, xoga na Primeira División defendendo os colores do Osasuna Magna Navarra, onde se consolidou como unha peza clave no equipo navarro.

“Acordome dos meus compañeiros na etapa en Redondela e dos bos momentos vividos”, Pachu.

Este é o primeiro ano no que Pachu entra na prelista da Selección Española, e con tan só 24 anos, é un dos xogadores de menor idade da convocatoria. Aínda que non se fai moitas ilusións sobre a súa inclusión na lista definitiva, Pachu destaca que a presenza de xogadores con máis experiencia e recorrido é un reto, pero tamén parte do proceso. “Ser convocado entre os 30 mellores xogadores de España xa é un gran logro e un motivo de satisfacción“, afirma con humildade.

“É a miña primeira prelista é non é fácil entrar na definitiva, estou contento pero todo leva o seu proceso e hai que seguir traballando”, Pachu.

A pesar do crecemento do fútbol sala en España, recoñece que aínda queda un longo camiño para que este deporte acade a popularidade do fútbol, considerado o “deporte rei” no país. Aínda así, valora que o fútbol sala se sitúe entre os poucos deportes nos que se pode vivir e traballar de maneira profesional, a pesar de non ser olímpico. Isto reflicte a evolución e a profesionalización do fútbol sala, tanto a nivel nacional como internacional.

“Hai deprotes minoritarios moi bonitos nos que é difícil chegar a ser profesional, polo que necesítase o apoio das institucións”, Pachu.

O partido fronte a Inglaterra será o terceiro compromiso de España na fase de clasificación para o Europeo de 2026. Tras dúas vitorias contundentes contra Suíza (0-9) e Bosnia e Hercegovina (6-1), a Selección Española buscará manter o liderado do seu grupo. Pola súa parte, Inglaterra chega ao encontro despois dunha derrota ante Bosnia e Hercegovina (5-1) e unha vitoria fronte a Suíza (1-5). Para Pachu, a calidade da canteira española é superior á de Inglaterra, polo que está convencido de que, independentemente de se el está convocado ou non, a vitoria será para España.

“Hai moitas posibilidades de gañar ao Inglaterra”, Pachu.

A presenza de Pachu na prelista tamén é un reflexo do potencial do fútbol sala en Redondela como canteira de xogadores de nivel. O xogador redondelán compartirá convocatoria con figuras de renome como Adolfo Fernández (Barça), Mario Rivillos (Illes Balears Palma Futsal) ou Jesús Herrero (Movistar Inter). A lista definitiva sairá da prelista actual, que inclúe tanto xogadores veteranos como novas promesas, entre as que destaca o nome do redondelán.

Agradecementos e recordos do seu paso por equipos de Redondela.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará