Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ernestina Otero, protagonista do faldoiro “Aquí faltan páxinas”

Ernestina OTero

A Alameda Castelao acollerá na tarde do xoves un faladoiro sobre a mestra redondelá Ernestina Otero. A actividade enmárcase dentro do programa da Deputación de Pontevedra “Aquí faltan páxinas”, co que tentan dar a coñecer figuras femininas que teñen tido en papel relevante en diferentes eidos como a cultura, o ensino, a política ou a investigación, pero que foron silenciadas pola historia. “Aquí faltan páxinas” é un ciclo de relatos sonoros e conferencias que nace da colaboración da institución provincial co Cable Inglés. Este xoves 10 de agosto, a Alameda Castelao de Redondela acollerá a partir das 20:00 horas un faladoiro sobre a docente conducido por Marián Fernández e impartido por Manuel Puga Pereira e Montse Fajardo.

Ernestina Otero Sestelo foi unha mestra de Redondela que traballou por mellorar a calidade da ensinanza e por estendela a unha maior porcentaxe de poboación. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos das mulleres, puxo en marcha iniciativas como os roupeiros e os comedores escolares para conseguir que as familias tamén enviaran as nenas á escola. A súa vida divídese entre os logros profesionais acadados durante a Segunda República e as persecucións e represalias contra ela e a súa familia durante o franquismo por causa das súas ideas.

A Deputación ofrece un avance dalgúns dos datos que se coñecerán no faladoiro
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará