Hoxe é Sábado 9 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ducia de creadores poderán participar nas residecias literarias de San Simón

San Simon Literaria

A Consellería de Cultura ofrece a autores e autoras unha experiencia única, unha bolsa de residencia literaria na illa de San Simón. O obxectivo é “apoiar a creación literaria dunha ducia de persoas fornecéndolles unhas condicións idóneas para o proceso”. As estadías terán unha duración mínima de 15 días e máxima dun mes e desenvolveranse entre setembro e novembro. O director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explica que se trata de fomentar a creación literaria e todo o que ten que ver co mundo do libro, como é a ilustración.

Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura

A bolsa está dirixida a persoas que participen nun proxecto creativo en lingua galega no ámbito da escritura, tradución, deseño gráfico ou ilustración. Os autores seleccionados poderán facer a súa estadía na illa, un lugar emblemático da Ría de Vigo, que polas súas características, historia e natureza é un espazo moi axeitado para o traballo creativo.

A illa de San Simón é un espazo que conta con todos os requisitos para favorecer a creación literaria

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de setembro. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar unha única candidatura acompañada dun documento que deberá incluír a explicación do proxecto de creación literaria que desenvolverá na residencia, xénero, idioma da obra, currículo do aspirante, expediente artístico e carta de motivación, entre outros detalles.

O prazo para facer as solicitudes está aberto ata o 7 de setembro.

Toda a información pode consultarse no DOG, que onte luns publicou as bases da convocatoria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará