Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberta de novo ao baño a praia de Arealonga

Arealonga 1

A Praia de Arealonga mantívose pechada ao baño dende o venres pasado pola presenza na auga de esterococos intestinais ou Escherichia Coli. A Concellaría de Medio Ambiente informa da súa apertura tras os resultados negativos da última análise realizada que determinan que a auga “xa é apta para mergullarse”.

A orixe ou foco da contaminación é descoñecida, pero todo apunta a un vertido contaminante puntual procedente dalgún dos dous ríos que desembocan nos extremos da praia ou mesmo da depuradora de Teis, responsabilidade do Concello de Vigo e situada a escasos cen metros da praia de Chapela. A Concelleira de Sanidade, Pilar Martínez, sinala que “trátase dunha situación habitual nesta época do ano, xa que este tipo de bacterias expándese coas temperaturas altas e en zonas onde a marea baixa deixa franxas pantanosas”.

Mantívose un seguimento activo e continuado. A última analítica realizada pola Consellería de Sanidade realizouse o pasado domingo día 6. Despois do respectivo cultivo, que precisa de un mínimo de 48 horas para ser efectivo, os resultados chegaron hoxe pola mañá e a bandeira vermella xa está retirada da praia de Arealonga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará