Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Juan Zunzunegui: “O obxectivo é competir pola Bandeira da Concha”

cropped-Foto_campeonato_de_Espana_2022-scaled-2

O CR de Chapela participou coas equipas absolutas no LXXVI Campionato de España de Traiñeiras celebrado esta fin de semana en Augas de Moaña, en Tirán. A embarcación masculina conseguiu un terceiro posto, mentres que a feminina acadou o título de campioas de España por segundo ano consecutivo. 

Esta ano a competición estivo marcada pola  presenza  exclusiva de clubs galegos, pois non houbo un acordo coas datas entre a federación e o resto de clubs das distintas comunidades. O campionato concidiu con datas doutras ligas como é o exemplo da liga Eusko Label que se celebrou esa mesma fin de semana, con regatas en Hondarribia e Lekeitio. O adestrador, Juan Zunzunegui, considera que “o ideal sería chegar a acordos conxuntos e coordinar mellor este tipo de eventos para facer crecer o deporte a nivel competitivo, tal e como debe acontecer nun deporte deste peso”.

Os resultados foron os esperados xa que as remeiras de Chapela está dominando de forma ampla a liga galega. Sen embargo, plantexan cada regata como un reto e a formulación de saída foi a concentración, así como tentar marcar a diferenza no nivel de implicación das deportistas unha vez na auga. Zunzunegui considera que todo isto foi o que “axudou a superar as fochancas que se atoparon ao principio da regata e serviulles para chegar de primeiras a línea de meta”.

Os recursos deste deporte, segundo o técnico, “son bastante limitados e nótanse as carencias, especialmente nas condicións das equipas feimininas que se atopan con situacións particulares”. Pon o exemplo da situación na que se atoparon as remeiras durante o Campionato de España que considera “discriminatoria”. As deportistas tiveron que ceder obrigadas os vestuarios femininos onde instalaron no seu lugar o control antidopaxe e non puideron facer uso del.

A pesar do avance, visibilización e apoio por parte das administracións co deporte feminino segue habendo “moitas cousas que mellorar a nivel organizativo, porque os medios seguen sendo insuficientes para que a xente queira dedicarse a este deporte de forma profesional”.

Despois desta vitoria, os obxectivos son clasificarse para a Bandeida da Concha que se celebra os dous primeiros domingos de setembro en Donostia e conseguir acadar o primeiro posto na Liga Galega de Traiñeiras.  

A seguinte fin de semana continua o calendario da Liga Gaelga de Traiñeiras 2023 coa VII BANDEIRA FEMININA – CIDADE DE FERROL V MEMORIAL MIGUEL DERUNGS CRIADO no  Porto de Curuxeiras o sábado 12 de agosto ás 18:00 horas e continua o domingo 13 de agosto coa XLI BANDEIRA CONCELLO DE MOAÑA no Peirao da Nosqueira ás 12:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará