Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anxo Vidal consegue a medalla de prata no Europeo de kickboxing

315331087_5437944772981810_4142671373891812564_n


Anxo Vidal, membro do Club de Arcade e da Selección Española de Kickboxing, ven de lograr a medalla de prata no Campionato Europeo celebrado nana cidade turca de Antalya entre o 10 e o 20 de novembro.
No seu debut na categoría sénior, Vidal, conseguiu pasar a final competindo contra países como Italia, Hungría, Turquía, Inglaterra, Israel, Moldavia e Bulgaria, equipo co que se enfrontou na final. Esta é a primeira vez que un deportista no seu primeiro ano nesta categoría consegue chegar a final europea, un logro que pode xerar algunha desvantaxe como que os árbitros valoren en favor dos deportistas con maior experiencia.

O deportista, segue sumando triunfos ao seu xa extenso palmarés. Conta coa medalla de ouro no Mundial de Savate 2021, a de bronce na categoría absoluta do prestixioso torneo Turkish World Cup de Kick boxing, así como dous ouros contra Gales e Noruega no campionato Top Ten de kick boxing 2022 e conseguir ser o campión de España na modalidade Kick Light (-57 kilos).

Leva practicando este deporte dende que ten 4 anos no Club de Arcade e asegura que a clave do seu éxito está na filosofía de toda a plantilla que dedican moito tempo as categorías base para formar unha canteira potente. Comezou adestrando con Lito Álvarez ao que lle agradece introducilo no mundo do Kickboxing.

Aínda ten moitos anos por diante na súa carreira profesional como deportista e “non ve imposible” dedicarse ao deporte de forma exclusiva, sobre todo gracias as axudas de deportistas de alto nivel que proporcionan as administracións públicas.

O próximo torneo no que participa é o Spanish Open en Benidorm, un dos eventos Wako máis importantes a nivel Internacional e no que loitará por conseguir outra medalla de ouro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará