Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os partidos presentan os seus candidatos á alcaldía de Pazos: Xurxo Besadío polo BNG e Anselmo Táboas polo PSOE

alcaldía pazos

A cultural de Pazos de Borbén foi o espazo elixido polo BNG para presentar o seu candidato á alcaldía Xurxo Pardo Besadío e dar a coñecer ás 4 persoas que o acompañaran nos primeiros postos da lista para as eleccións locais de maio de 2023. Un acto que contou coa intervención da eurodeputada Ana Miranda quen recalcou a valentía e o valor das persoas da que forman parte da candidatura e a capacidade, preparación e amor por Pazos de Xurxo. Isabel Mouzo acompaña como número 2 o candidato, seguido de Jorge Álvarez, Laura Rodríguez e Marcos Míguez. Todas elas persoas vinculadas ao mundo asociativo e cultural do concello. O principal reto que se marcaban é “liderar unha alternativa real de goberno para poder mellorar a vida das veciñas e veciños ”.

Anselmo Táboas será o candidato do PSOE á alcaldía de Pazos de Borbén

Pola súa banda o PSdeG-PSOE irrompeu na precampaña das Eleccións Municipais renovando completamente a súa proposta para Pazos de Borbén cun candidato novo, Anselmo Táboas Muras, quen asume o reto “para sacar da UCI ao Concello de Pazos, reactivalo e acabar así con esta longa etapa de 24 anos de parálise municipal”.

O acto de presentación neste caso fora no Centro Cultural de Nespereira cunha nutrida presencia de veciños e veciñas e contou coas intervencións da presidenta do PSdeG-PSOE e da Deputación, Carmela Silva; do secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca, David Regades e do vocal da Executiva local, Juan Murias.

Táboas afirma que o Concello de Pazos de Borbén está lastrado por un forte deterioro institucional, cun alcalde e un equipo de goberno enfrontado a boa parte das comunidades de veciños, de montes e cos colectivos socioculturais. O candidato socialista proponse loitar contra o despoboamento atallando problemas crónicos como a falta de vivenda. Tamén apunta ás graves deficiencias do saneamento (especialmente no polígono de Amoedo, que provoca vertidos constantes ao río Alvedosa). Propón, ademais, ampliar a recollida selectiva a todo o municipio, dado que na actualidade apenas hai un colector específico por parroquia e poñer en marcha un calendario de actividades socioculturais estable para dinamizar o municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará