Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Grande Amore, cabeza de cartel do magosto Sinha Paca en Quintela

sinhapaca quintela

O adro da festa de Quintela acolle este sábado 26 o IV magosto da SinhaPaca cunha xornada de actividades e concertos, onde non faltaran as castañas asadas, a música e a troula para todos os públicos. Haberá actividades para a rapazada, homenaxe ao grupo os Quintelas e concertos con Gure terra, Pauliña e Grande Amore. Un programa que estaba previsto desenvolver no Centro Cultural da parroquia, pendente aínda da súa apertura, polo que decidiron trasladar as actividades ao adro da Igrexa.  

O Colectivo SinhaPACA, a Asociación Cultural e Recreativa de Quintela e o Concello de Redondela organizan este evento que contará con carpa para evitar as inclemencias meteorolóxicas e que arrancará ás doce e media da mañá con postos de artesanía, xoguetes, rosquillas, comida vegán e vexetariana, etc.

As 13h está previsto o pregón a cargo do actor e titiriteiro de “Tanxarina”, Andrés Giráldez e de seguido comezará a sesión vermú co grupo local “Harpo, Chico e Zeppo”. A banda está composta por Nardo Lago (harmónica) Pedro Pérez Vilas (guitarra e voz) e Juan Pacheco (percusión).  O xantar popular comezará sobre as 14,30horas e para participar hai que facer reserva no nº de Whatsapp: 676 950 526.

Haberá unha zona de xogos populares ao longo de toda a  xornada e pola tarde tamén un circuíto non competitivo onde as cativas e cativos en bici, patinetes, triciclos… terán que superar pequenos e divertidos obstáculos.

Irene Campelos, SinhaPaca

Un ano máis a asociación cultural e recreativa de Quintela pon en marcha o concurso de calacús que este ano celebra a súa cuarta edición con agasallos para todos os participantes.

A música de Pakolas amenizará a tarde ata a chegada da homenaxe a unha das bandas musicais mais senlleiras da parroquia e que levou o nome de Quintela polo país adiante. A murga “OS QUINTELAS” fundada no ano 1954 e que se mantivo en activo ata 1980. No ano 2005 volverían reagruparse despois dun parón de máis de vinte anos.

Juanjo Fernández, Asociación recreativa cultura de Quintela

A xornada rematará cos concertos a partir das 20:00 horas cos grupos Gure Terra, a voz feminina de Pauliña e o proxecto Grande Amore, alter ego de Nuno Pico, un proxecto que nace para xogar co pop, o rock and roll e o techno dos 80.

Francisco Alvarez, colectivo SinhaPaca
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará