Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cancélase o Rally Concello de Soutomaior previsto para esta fin de semana

rally

A proba “I Subida do Verdugo – Concello de Soutomaior “ estaba anunciada para os días 19 e 20 de novembro e, segundo o BNG da localidade “ante a incapacidade do concello para conseguir os permisos foi anulada”.

A decisión de suspender a competición xerou malestar non sector hostaleiro local que xa tiña varias reservas e contratacións realizadas para este evento que agora teñen que anular. Critican a falta de información por parte do goberno municipal, dado que os empresarios decatáronse do adiamento polos propios pilotos que fixeran as reservas.

Tamén desde as escuadras critican que, tras anunciar ou evento en todos os medios, o Concello comezase coas inscricións e cobros sen ter os permisos para a carreira. Lamentan que algúns pilotos inscritos decatáranse do adiamento por unha das escuadras promotoras a tan só dúas semanas da data da celebración, cando xa renunciaran a outras probas para darlle prioridade á subida de Soutomaior, xa que puntuaba para o Campionato de Galicia de Montaña e a Copa de Galicia de Montaña.

Desde o BNG denuncian o dano que a suspensión da proba supón para “a imaxe do Concello de Soutomaior dentro do sector automobilístico” e aseguran que “deixan a credibilidade do goberno local completamente cuestionada” indica o portavoz nacionalista, Manu Lourenzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará