Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña nas farmacias para detectar a persoas maiores ou vulnerables en risco

farmacia

A Policía Nacional pon en marcha unha campaña nas farmacias de Vigo e Redondela que busca a colaboracións dos farmacéuticos de cara a detectar riscos entre o colectivo de persoas maiores ou vulnerables, por exemplo no caso de que detecten síntomas como malos tratos ou se deixan de ter noticia dalgún usuarios que se enmarca neste grupos.

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela, a través da Delegación de Participación  Cidadá, iniciou unha campaña polas diferentes farmacias de Vigo e Redondela, coa finalidade de mellorar o contacto cos responsables das mesmas e así poder coordinar actuacións dirixidas ás persoas maiores máis vulnerables. A Policía entende que os farmacéuticos poden ser unha canle de comunicación e de información moi importante á hora de detectar riscos neste colectivo, tales como síntomas de malos tratos, abandono ou neglixencias que se cometan contra eles, así como outros delitos que poidan sufrir ou estar a sufrir.

Así mesmo, tamén se solicita que, ante a ausencia de noticias de persoas maiores, ou daqueloutras, sexan maiores ou menores, en situacións vulnerables que habitualmente acudan á farmacia, sexan postas en coñecemento da Policía.

Igualmente, estes contactos están a ser aproveitados polos axentes da Delegación de Participación Cidadá para lembrar as medidas de seguridade a adoptar polas farmacias dentro do Plan Comercio Seguro en aras de evitar furtos, roubos e estafas. Algunhas destas medidas consisten en non compartir con persoas descoñecidas información sobre a operativa da empresa, non facilitar datos persoais ou bancarios por teléfono e prestar especial atención a persoas que accedan ao establecemento con actitude vixiante.

Son xa 25 as farmacias visitadas nas cidades de Vigo e Redondela e onde nos próximos días ante o operativo de comercio en Nadal incrementaranse estes contactos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará