Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O obxectivo do Redondela FS é manterse en Terceira División

309663207_584443200037980_5961941388258815020_n

O club deportivo Redondela FS móstrase estable nas 9 primeiras xornadas da tempada en Terceira División. O equipo sénior atopase no 13 posto, pero con resultados que prometen a permanencia.

O sábado 12 anotaron unha vitoria notable contra o Noia, equipo situado en 5 posición, cun resultado de 5 fronte a 1. A diferencia de catro goles no marcador motivou aos xogadores a seguir loitando e subir postos, aínda que o seu obxectivo principal é manter a permanencia despois de levar anos en preferente.

Jorge Espósito, o coordinador deportivo do club, recolle dous puntos claves para o éxito do equipo: A incorporación do adestrador Javier Santos e a colaboración dos equipos base. O técnico conta cunha longa traxectoria neste deporte, como xogador estivo en equipos de Primeira División como o Rías Baixas e incluso chegou a formar parte do absoluto masculino coa Selección Española. 

Todo isto, xunto coa aportación do equipo xuvenil e o Sénior B fai que o Maramar poida suplir a carencia de plantilla nun momento no que se atopan con 3 lesionados. Para Espósito, o apoio da canteira “é fundamental para competir  nunha categoría de tanto nivel como a Terceira División”.

O ascenso implica maiores esforzos por parte dos xogadores, pero tamén por parte dos técnicos e da directiva que se encarga da loxística do club. A nova presidenta Yolanda Alonso segue os pasos dos seus sucesores, polo que Espósito asegura que “a dinámica de traballo é a mesma, cambiaron as necesidades do club”. Este ano precisan de maior financiamento debido aos longos desprazamentos que realizan por toda Galicia.

A seguinte xornada desprázanse ata o campo do Praias Barreiros, en Lugo. Este será un partido “complicado” porque ambos equipos loitan pola permanencia en postos similares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará