Hoxe é Domingo 5 de Febreiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela presenta os actos do 25N baixo o lema “porque a violencia non é un xogo”

25n

Presentacións literarias, exposicións, contacontos para os máis cativos, xogos nos centros escolares e centros de día e a II gala dos premios de xornalismo ético Sesé Mateo centran as actividades que organiza o Concello de Redondela con gallo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller. Unha programación que se desenvolverá na vindeira semana, dende o luns 21 ata o 25 de novembro.

A primeira das actividades será un xogo ao estilo do popular Pasapalabra onde os participantes deteranse en palabras como abuso, acoso, burla, berrar… palabras todas elas vinculadas coa violencia “un xogo participativo e non competitivo que busca poñer de relevancia as repercusións deses actos e desas palabras que forman parte dun entorno de violencia”. Así o explicaba a alcaldesa Digna Rivas na presentación da campaña do 25N que tiña lugar na mañá de hoxe na Casa do Concello.

O martes 22 en colaboración coas Bibliotecas terá lugar un Contacontos no Multiúsos da Xunqueira con Marta Ortiz e Brais Gutiérrez ás 18:30 horas e o mércores un obradoiro poético no Piñeiral ás 18:00 horas “Xoguemos a poetizar”. Tamén o mércores o alumnado dos institutos poderá ver dúas curtametraxes vinculadas coa submisión química.

A xornada do 23 rematará coa presentación do libro “Ocho señales, Cuestión de vida o muerte” un relato en primeira persoa dunha muller, Noelia Míguez, quen sufriu nas súas propias carnes a violencia machista e que narra neste texto a relación coa persoa que tentou matala e de cómo se sae adiante tras vivir unha experiencia tan traumática.

O xoves 24 inaugurarase a exposición “Á violencia de xénero dille non!” que se poderá visitar no Multiúsos e xa o propio venres 25 terá lugar o acto institucional ás doce do mediodía e contará coa presentación do libro “Bambú” de Isabel Blanco na praza do concello e a posterior ofrenda floral e lecturas de poemas no Salgueiral.

A programación rematará coa II gala dos premios de Xornalismo ético que se desenvolverá ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. A mestra de cerimonias será a actriz Arantxa Treus nun acto no que se dará a coñecer a persoa gañadora desta segunda edición duns premios que buscan recoñecer o tratamento ético das informacións vencelladas coa violencia de  xénero e ao que concorreron un total de 16 participantes.

Concluíu a alcaldesa agradecendo o esforzo realizado pola Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Iria Vilaboa, na organización deste actos así como a colaboración da Deputación de Pontevedra.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará