Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS gaña nun partido con récord de goles

pazos

O Pazos logrou a vitoria ante o Ventorrillo por 9-8 nun encontro que eles mesmos definen como “un partido tolo”, mentres que o Redondela Maramar, tamén en Terceira División, non puido co equipo de Culleredo. En Preferente empate para o Campito 3-3 ante o Marín.

Sport Sala de Culleredo 3-2 Redondela Maramar.

O equipo de Redondela caída na súa visita a terras coruñesas. Na vindeira semana recibe ao 5 Coruña coa confianza de facerse co triunfo e poder así ascender postos desde a 14 posición que ocupan actualmente

Pazos FS 9- 8 Ventorrilo.

Un partido con moitos goles o disputado esta fin de semana en Pazos de Borbén. Un total de 17 dos que nove foron para os de Fran Amoedo mentres que os visitantes tiveron que conformarse con 8 goles. A próxima cita para o Pazos, situado nunha envexable segunda posición, será na casa do Korreo Guitiriz.

Preferente

Campito 3-3 Marín

Reparto de punto no encontro disputado en Chapela cun empate a tres tantos. O Campito xoga na próxima semana no campo do Cesures

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará