Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os colectores de Redondela terán signos en braille

REDONDELA EN BRAILLE

O Concello fai realidade a iniciativa presentada por Cristina, Lucía e Juan, alumnos do IES Pedro Floriani, “Redondela en Braille” adaptando estes colectores a persoas con discapacidade. O proxecto consiste na instalación de etiquetas de aluminio no que se indica que tip ode residuo vai en cada un dos recipientes coa súa tradución ao braille. As etiquetas incluirán o nome escrito en galego, para a xente que non pode distinguir as cores, así como a súa tradución ao braille, para as persoas que padezan unha perda completa da visión. “As placas colocaranse hoxe luns 24 e irán acompañadas dunha campaña con folletos informativos que se repartirán pola vila”, expresa a alcaldesa.

Redondela en Braille é unha creación que Cristina Portela, Lucía Rolo e Juan Couñago presentaron na clase de Lingua Galega e que solicitaron ao Concello levala acabo. “Dende o momento que se puxeron en contacto con nós sabiamos que tiñamos que aportar todo o apoio posible para facerlles saber que as súas proposta s son escoitadas e se teñen en conta. A miña prioridade é involucrar a xuventude redondelá e facer realidade as súas boas ideas para que sepan que confiamos neles e nelas”, explica Digna Rivas.

Este tipo de contenedores adaptados xa comezou a estar presente en España fai máis dunha década. En Galiza están presentes dende o 2011, cando foron implementados na cidade de Pontevedra, e máis recentemente en A Coruña, no 2020. “Agora tamén os teremos en Redondela, grazas a idea destes tres mozos e mozas e o noso impulso”, engade Rivas.

A Concellería de Normalización Lingüística foi a encargada de traballar co alumnado, pois a iniciativa está implicada directamente coa lingua galega e “representa os valores de inclusividade, autonomía e confianza polo que o noso goberno leva loitando máis de tres anos”, engade Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará