Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desiguais resultados no balonmán local

sar

Na División de Honra Prata Feminina o equipo de Redondela caía ante o Carballal. Na primeira nacional a Sar lograba a vitoria na Bomboneira ante o Lavadores.

Carballal 32- 23 Sar Rodavigo

O equipo de Verónica Posadas non foi quen de facerse co partido disputado na casa do Carballal, un equipo situado no pelotón de cabeza da categoría. O conxunto local dominou dende o inicio conseguindo frear os contraataques da SAR. Con todo, as mozas da SAR mantéñense na sexta posición da táboa na División de honra prata feminina e na próxima semana reciben ao Vigo, situado no penúltimo postos da categoría.

Sar 37- 35 Lavadores

Mellor lle foron as cousas a Sar Plastic Omnium na primeira nacional. Lograron a vitoria na Bomboneira ante o Lavadores. Con todo, o equipo redondelá segue en postos baixos da táboa. A próxima xornada será ademais nun campo difícil, o Lalín, situados na segunda praza do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará