Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco comeza a liga na casa ante o Viveiro

ChocoCAlendario

A liga de Terceira RFEF rematará co derbi Choco-Rápido en Santa Mariña.

Os equipos de Terceira RFEF xa coñecen o calendario de Liga. A competición comezará o 11 de setembro, e rematará o 23 de abril. Nesa data coñecerase ao campión dos grupos que ascenso a Segunda RFEF e aos catro equipos que pelexarán pola segunda praza de ascenso.

O CD Choco arrancará a competición na casa, ante os seus afeccionados, ante o Viveiro. Na última xornada da primeira volta agarda un interesante derbi comarcal co Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales, o 8 xaneiro.

Será unha liga moi competitiva, con moitos candidatos para pelexar polo ascenso. O descendido Arousa é un dos grandes favoritos, xunto con grandes da categoría como o Barco, Somozas, Fabril, Villabés, ou o propio Rápido de Bouzas. Unha das diferenzas importantes con respecto á tempada pasada, é que nesta edición só serán 16 os equipos participantes, polo que hai menos partidos para lograr o obxectivo. E os catro últimos clasificados perderán a categoría, polo que haberá tamén unha intensa loita pola permanencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará