Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Informática ao alcance de todos

Curso Informatica

En setembro comezan os cursos de balde nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela. A oferta inclúe clases de iniciación, ciberseguridade, fotografía e video a través de internet ou trámites en liña coa administracións entre outros temas. A inscrición está aberta ata o 29 de agosto.

Un ano máis póñense en marcha os curso de informática que organiza a Concellería de Novas Tecnoloxías. Será nos meses de setembro e outubro nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela. Trátase de cursos cos que sacar todo o potencial que ofrece internet ” algo case imprescindible tanto no mercado laboral como para o tempo de ocio”, di a alcaldesa Digna Rivas.

A Aula CeMIT de Redondela (Paseo do Pexegueiro, 6) desenvolverá os seus cursos entre os días 1 e 27 de setembro en horario de mañá e tarde. Os de Alfabetización Windows 10 e Internet, de 09:30 a 11 horas; Mecanografía co Ordenador, de 11 h a 12 horas; Tarefas de Oficina con Witer e Calc de 12 h a 13:30 horas. En horario de tarde serán os de Photopea, editor de fotografía online de 16:30 h a 18 horas; Trámites online coa Administración e Firma Electrónica de 18 h a 19:30 horas; e Ciberseguridade para persoas usuarias, 19:30 h a 20:30 horas.

No que atinxe aos cursos na Aula CeMIT de Chapela (rúa Martínez Casal, 3), desenvolveranse entre o 5 de setembro e o 31 de outubro. No horario de mañá impartiranse os cursos de Aplicacións Google de 09:45 h a 11,15 horas; Internet e correo electrónico de 11,15 h a 12,15 horas e Drive, ofimática na nube de 12,15 h a 13,45 horas. En horario de tarde os cursos serán os de Alfabetización Linux, Internet e Writer de 16:30 h a 18 horas; Filmora, creación de vídeos e 18 h a 19 horas e Photopea, editor de fotografía online de 19 h a 20:30 horas.

As persoas interesadas poden obter máis información no Departamento de Novas Tecnoloxías, Multiúsos da Xunqueira, 2º andar teléfono 986 40 03 66. As Instancias poden descargarse da páxina web do Concello www.redondela.gal, ou solicitalas no Centro de formación A Marisma, a carón da Piscina Municipal; no Multiúsos da Xunqueira en Redondela e no departamento de Servizos Sociais de Chapela, nos baixos do Pavillón de Deportes. As solicitudes deberán presentarse nos Rexistros habilitados no Concello de Redondela. O método de selección será por rigorosa orde de inscrición e, posteriormente, chamarase aos alumnos e alumnas con praza concedida para confirmala.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará