Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Copa do Mundo de Patinaxe ten acento redondelán

Patinaxe-Laura Albán, Lidia Couñago, Nerea Castro e Nerea Estévez

Laura Albán, Lidia Couñago, Nerea Castro e Nerea Estévez

Son en total catro as deportistas de Redondela que están a participar na Copa do Mundo que se disputa na localidade alemá de Gotinga. Trátase de Nerea Estévez (Club Patinaxe Artística Gondomar) e Laura Albán, Lidia Couñago e Nerea Castro (Ribex Tui). As catro están en Alemaña na cita máis importante da patinaxe artística a nivel mundial e que rematará o vindeiro día 13. Laura Albán, Lidia Couñago e Nerea Castro participan na competición de grupos Show grandes mentres que Nerea Estévez faino en grupos Show pequenos. No caso de Estévez ademais é adestradora do Club Patinaxe Artística Arealonga de Chapela.

Tanto a alcaldesa Digna Rivas, como o concelleiro de Deportes, Nacho González, desexaron todo o éxito ás patinadoras redondelás “que se mediránaos clubs máis importantes da patinaxe artística a nivel mundial”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. La patinadora Nerea Estevez., ha participado en la copa de Euroa. Celebrada en Forli-Italia el pasado Nes de Julio. y está clasificada con su equipo CPA Gondomar para el campeonato del Mu do que se celebra en Argentina el próximo mes de O ctubre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará