Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acordo en Soutomaior para esixir solucións na sanidade pública

bng souto

O BNG promoveu un pleno extraordinario para esixir solución aos problemas da sanidade pública que “están a cebarse coa veciñanza de Soutomaior”. En concreto reclámase da Xunta máis médicos para o concello e a reapertura do consultorio de Romariz. O voceiro do BNG, Manu Lourenzo anunciou tamén a convocatoria de mobilizacións se estas solucións non chegan.

A solicitude deste pleno produciuse despois de que o a Consellaría de Sanidade decidise deixar o Centro de Saúde de Arcade sen pediatra e sen matrona durante todo o mes de xullo. “Non se están a cubrir as baixas nin as vacacións, e a realidade é que os nosos nenos e nenas están sendo privados do seu dereito a unha atención sanitaria digna. Sabemos que a intención do PP é continuar con esta política de privatización e recortes na sanidade pública e con este pleno queremos deixarlle claro que ou deixan de cebarse coa nosa veciñanza ou unha vez máis sairemos á rúa en defensa da nosa veciñanza e do seu dereito a ter unha sanidade pública digna”.

A iniciativa do BNG, que foi aprobada polo pleno demanda da Xunta máis médicos para o concello, a reapertura do consultorio de Romariz e unha condena rotunda as políticas sanitarias do PP. Manu Lourenzo lamentou que Agustín Reguera demorase conscientemente no tempo a convocatoria para celebrar un pleno para defender o dereito da veciñanza a ter unha sanidade pública digna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará