Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dani Fernández e Roi Casal en concerto en Arcade

soutro

O peirao de Arcade acolle este venres 22 e sábado 23 dous concertos musicais a cargo dos artistas galegos Dani Fernández e Roi Casal, con entrada de balde

A música é unha das grandes protagonistas do verán cultural no Concello de Soutomaior. Así, a maiores das actividades deportivas e de lecer, os concertos teñen un oco importante na axenda estival. O vindeiro venres 22, dentro das xira do Xacobeo 21-22, actuará Dani Fernández, será no peirao de Arcade, a partir das 20:30 horas, con entrada de balde. Na xornada seguinte, ás 23:00 horas, quenda de Roi Casal tamén no Peirao. O cantante e compositor presenta o espectáculo Descubrindo a Habana Galega da man do Musigal

A fin de semana festiva do Día da Galicia continuará con máis música. Será o domingo, día 24 de xullo cando se celebre o Festival de Bandas Sonoras a cargo da Banda de Música Artística de Arcade. Terá lugar na Alameda Talo Río a partir das 21.30 horas.

Xa para o mes de agosto están programados os concertos de Milladoiro, o día 5, e o de Gisela, o 13, entre outras actuacións musicais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará