Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Voluntarios galegos, madrileños e andaluces participan no campamento “Soutomaior fai camiño”

soutomaior fai camiño

Este campo de voluntariado organizado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello está encamiñado a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinsteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países.

En Soutomaior desenvolvese un campo con temática medio ambiental ás beiras do río verdugo sobre especies invasoras e que tamén contará con actividades complementarias como visitas, kaiak e rutas naturais.

En total son oito voluntarios con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que xa chegaron a esta localidade procedentes de diferentes puntos de Galicia, Madrid e Andalucía e que participarán ata o próximo día 26 neste campo de voluntariado cuxa principal función será axudar a eliminar as especies de plantas invasoras que prexudican o ecosistema local.

Esta iniciativa busca involucrar a mozos e mozas de toda España para fomentar o coidado do medio e potenciar as relacións de colaboración e interpersoais entre persoas de distintas zonas xeográficas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará