Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos gratuítos de informática para nenos e nenas de 6 a 14 anos

cursos niños

A Concellería de Novas tecnoloxía pon en marcha cursos de balde durante este mes de agosto que se impartirán tanto en Redondela como en Chapela. O prazo de matrícula, que arrancaba o pasado luns, permanecerá aberto ata o 28 de xullo. As prazas son limitadas polo que se cubrirán por orde de inscrición.

Os cursos consistirán en actividades didácticas que permitirán aos participantes desenvolver vista, oído, razoamento e asociación de ideas mediante a informática e o uso de Internet. Estará divididos por grupos de idade (de 6 a 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 14)

En Redondela as accións formativas impartiranse os luns e mércores en horario de mañá e na Aula Cemit de Chapela a actividade desenvolverase os martes e xoves.

As instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta ata o xoves 28 de xullo, pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación das solicitudes e a documentación precisa, farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela tendo en conta que a selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará