Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diversión e aprendizaxe no campamento de verán do Colexio Laredo

campamento

Actividades lúdicas, de auga, xogos recreativos e experimentos, son algunhas das propostas que nos deixa o campamento de verán que se está a realizar en Chapela organizado pola Anpa de Laredo. A cargo da empresa Héroes para a ciencia, o campamento adáptase a todo tipo de necesidades para favorecer a conciliación familiar e apostando por ser un espazo seguro e divertido para os rapaces e rapazas.

Ana Míguez, coordinadora do Campamento

Diversión e aprendizaxe danse cita neste campamento que arrancaba nada máis rematar o curso e que se prolongará ata o 7 de setembro. O obxectivo é cubrir a totalidades das vacacións para que así país e nais teñan un espazo no que deixar aos seus fillos nestas semanas non lectivas.

Pensando ademais en que as necesidades son diversas, as familias poden acceder a este campamento por días alternos, semanas, quincenas… as opción son tantas como as demandas que se presenten. De feito, explica Ana Míguez, coordinadora do campamento que a demanda varía moito dunha semana a outra

CORTE campamento pe

Malia que a actividade está organizada pola Anpa do Colexio de Laredo, que xa organizou este tipo de proposta en datas anteriores, cada vez son máis os nenos e nenas que se suman sen ser alumnos deste centro educativo, cunha integración absoluta dos participantes.

Orientado e nenos e nenas de 3 a 12 anos de idades, as persoas que o precisen poden poñerse en contacto con eles ou solicitar información no teléfono 627039532.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará