Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia os incumprimentos da concesionaria do servizo de Axuda a Domicilio

saf

Aseguran que tanto a alcaldesa como a concelleira de Benestar Social saben que, entre outras irregularidades, a empresa concesionaria non conta cos medios mínimos necesarios, non contratou ao persoal necesario, non pagou as nóminas a varias traballadoras e deixou desatendidos a varios usuarios, como denunciaron eles mesmos no Concello.

O SAF en Redondela atende a máis de 200 veciños e veciñas, persoas maiores, vulnerables e dependentes que viven soas ou cuxos familiares necesitan cooperación para ocuparse deles.

O Goberno municipal adxudicou este servizo á empresa Os Ventos. Fíxoo en solitario, a pesar das moitas dúbidas que xeraba a súa oferta, o que levou ao Grupo municipal do PP a votar en contra, “por responsabilidade”. A concelleira Sandra Bastos lembra que a adxudicación deste contrato aprobouse o 29 de marzo cun período de dous meses, até o 28 de maio, para adaptarse ás necesidades dos usuarios e denuncia que desde entón até hoxe, a mediados de xullo a empresa segue sen cumprir coas súas obrigacións, “algo demostrable e denunciado no Rexistro do Concello de Redondela, tanto por traballadoras como por varios usuarios”.

Estes incumprimentos abarcan a falta de contratación de persoal imprescindible, como coordinadoras, administrativos ou especialistas en apoio psicolóxico. Tampouco se prestan os servizos de fisioterapia, podoloxía e barbaría, ofertados pola empresa como melloras para optar ao contrato.

O persoal non conta cos medios indispensables para realizar o seu traballo, como ordenadores, conexión a Internet, aplicacións informáticas, Equipos de Protección Individual (EPIS), luvas e varias traballadoras, explica o PP “non cobraron -son os casos de seis auxiliares ás que, a día de hoxe, non lles ingresaron a nómina de xuño-, teñen cantidades pendentes ou se lles pagou por atraso”, como deixaron constancia no Concello. Con todo, o máis grave é que varios usuarios que se quedaron sen atención durante días, nalgún caso, fins de semana, como denunciaron, en escritos entregados no Rexistro Municipal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará