Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Raquel: “O curso de lingua de signos é útil para todo o mundo”

WhatsApp Image 2022-07-08 at 1.25.13 PM

“En lingua de signos” é un proxecto creado por David, Raquel, Alba e Claudia enfocado en ensinar lingua de signos e sensibilizar a sociedade sobre a comunidade xorda. Este ano volven ó Concello de Redondela para impartir un curso básico de 30 horas que corresponde cun nivel A1.1 dentro do marco común europeo de linguas.

O curso é totalmente gratuíto e impártese polas mañás no Multiusos da Xunqueira durante todo mes de xullo.  Está orientado a un rango moi amplo de idades, pois mestúranse na aula xente que estuda Bacharelato con xente que leva moitos anos traballando e quere ampliar o seu currículo ou capacidades.

A maioría do alumnado está interesado no uso social desta lingua de cara a aprender o básico que lles permita interactuar con persoas con discapacidade auditiva no seu día a día, pero tamén atopamos persoas inclinadas a utilizar o título como elemento diferenciador dentro do currículo, así como docentes que queren facer o seu traballo o máis inclusivo posible.

“ A aula está composta dun máximo de 15 persoas, para poder facer as clases o máis prácticas posibles”, conta a docente.

Dentro do alumnado do curso atopamos a xente que traballa o está interesada no marco educativo. Miguel e Noelia so dous profesores que consideran a lingua de signos unha ferramenta básica e útil para a comunicación.

“É un curso básico que todos e todas podemos utilizar nalgún momento”, Miguel e Noelia.

Tamén encontramos profesións moi variadas como o caso de Adriana, unha técnica de emerxencias sanitarias que quere ampliar as súas habilidades comunicativas para usalas no traballo. Ten como obxectivo acadar un nivel básico que lle permita desenvolverse en moitos ámbitos, incluído o seu que é o sanitario.

“Considero que este curso é moi útil para o meu traballo”, Adriana.

Ter unha relación estreita a través da linguaxe de signos é o que lle atrae a Iria , xa comparten a súa vida cunha persoa xorda e quere poder ter unha conversa de maior calidade con ela.

“Quero poder ter máis relación coa xente próxima que é xorda”, Iria.

O curso está sendo un éxito, pechou a inscrición con lista de espera e a intención e continuar as clases durante o inverno, pero xa cun nivel superior para aquelas persoas que queiran profundar máis nesta lingua. Segundo Raquel, este curso ten especial interese en Redondela xa que asegura que hai un alto índice de familias xordas, comparado con outros municipios.

“Redondela ten un alto índice de familias xordas”, conta Raquel.

“En lingua de signos” está formado por interpretes e pedagogos que traballa para diferentes concellos galegos, pero tamén imparten clases online e en centros educativos moi diversos, como o Instituto de Estudos Miñoráns. Podedes atopar máis información na súa páxina web e a través das redes sociais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará