Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova incorporación no CD Choco: Alfonso Santiso

choco alfonso santiso

O xogador chega procedente do Noia CF aínda que tamén xogou no Ourense e no Silva. Unha nov fichaxe que busca pechar o novo equipo que se enfrontará a súa décima tempada en terceira división. O interior amosa as ganas que ten de comezar no seu novo equipo ao que coñece ben polas veces que se enfrentou a él “gústame a proposta de xogo do equipo e ver as bancadas cheas en Santa Mariña”.

Sorprendido pola chamada de Juan Amoedo, pero feliz pola oportunidade dada, así se declaraba Santiso na conversa mantida con él. Con gañas de coñecer aos novos compañeiros cos que compartirá vestiario, Santiso confesa que non dubidou en aceptar a oferta choqueira “pola confianza amosada polo míster, polo proxecto tan bonito que ten o club e como desafío de saír da miña zona de confort”.

Alfonso chega a Redondela a sabendas do que ten que demostrar para facerse un oco no equipo de Amoedo. A tempada se presenta complicada no só polos equipos rivais senón tamén polo formato e polo curta que é. Razóns varias para que o xogador pense que vai ser “unha tempada moi disputada dende o principio. Hai grandes equipos pero esperamos poder facer as cousas ben dende o inicio para situar ao equipo na zona máis alta posible da clasificación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará